A Xunta afrontará as obras para a cobertura da grada de preferencia do Anxo Carro de Lugo
Calcúlase que as obras custarán más de 60.000 euros

“É unha obra tan necesaria como importante, unha demanda do club que debemos atender”, sinalou Lete Lasa, quen destacou ademais o grande esforzo que esta actuación supón no actual contexto económico que estamos a vivir.
Esta confirmación chega máis de medio ano despois do ascenso do C.D. Lugo á segunda máxima categoría do fútbol español, categoría por onde está a dar unha grande imaxe, recibindo numerosas gabanzas pola súa máis que boa xestión e polo seu excelente fútbol. E todo, a pesar de seguir contando coas peores instalacións deportivas dun clube militante en categoría profesional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario